Charla Trastornos Alimentarios CPI Ramón Piñeiro

Integrantes do equipo técnico de Alar Galicia realizaron o 23 de xuño, unha Charla sobre Trastornos Alimentarios a 50 alumnos de ESO do CPI Ramón Piñeiro (Puebla de San Julián, Láncara-Lugo), con especial interese na Bulimia e a Anorexia, pola súa maior relevancia e incidencia sobre os xóvenes.

Firma do Convenio entre o Concello de Lugo e Alar Galicia

O 22 de xuño o Presidente de Alar Galicia firmou co Concello de Lugo xunto con outras entidades sen ánimo de lucro da cidade de Lugo, un Convenio que apoiará económicamente a realización do Proxecto Coaching Menores para o ano 2010.
Para velas noticias pinchar aquí o pinchar aquí

Europa na Creación de Emprego

O venres 18 de xuño os integrantes da Axencia de Emprego de Alar Galicia acudiron o Acto de Europa na Creación de Emprego celebrado na Deputación de Lugo, englobado nos actos da Semana do Emprendemento que tivo como obxectivo fomentar o emprendemento, a creación de empresas e a internacionalización das existentes.
Para máis información pinchar aquí
[...]

Día do Emprendedor

O 16 de xuño os integrantes da Axencia de Emprego de Alar Galicia acudiron a Santiago de Compostela as Xornadas organzaidas pola Xunta de Galicia BIC e o Igape, co obxecto de informarse sobre as novas liñas de axudas a emprendedores cara o ano 2010.
Para máis información pinchar na seguinte imaxe:

Páxina 1 de 212
Copy Protected by Tech Tips's & Computer Tricks'sCopyProtect Wordpress Blogs.