Charlas para a Procura de Emprego 2010
Publicado o 21 Enero, 2010
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario
A Axencia de Emprego de Alar Galicia comezou o 20 de xaneiro no IES Ollos Grandes de Lugo (meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2010) unha nova edición das Xornadas de Procura de Emprego dirixidas aos alumnos que cursan actualmente 4º ESO e 2º de BAC así como os que realizan actualmente Módulos de Formación Profesional dos Institutos de Educación Secundaria de Lugo. Con tal motivo a Axencia de Emprego atópase actualmente mantendo conversas cos outros 8 Institutos Públicos de Educación Secundaria de Lugo con fin de informar persoalmente a Dirección dos mesmos do Seminario e os obxectivos principais: A FORMACIÓN UNIVERSITARIA, A FORMACIÓN PROFESIONAL E AS NOVAS TENDENCIAS DO MERCADO LABORAL GALEGO.
Para a realización das Xornadas a Axencia de Emprego de Alar Galicia contará con diversa documentación de apoio do tipo carteis ou libros informativos sobre como realizar unha carta de presentación, currículum vitae, a situación do mercado laboral, guías universitarias… e outros que se entregarán aos alumnos e departamentos de orientación e dirección dos centros a modo de información adicional. Estímase que preto de 1000 alumnos acudan ás Xornadas.
| IES | Datas |
| IES Ollos Grandes | 20 de Xaneiro |
| IES Leiras Pulpeiro | 22 de Febreiro |
| IES Lucus Augusti | 2-3 de Marzo |
| IES Piringalla | 5 de Marzo |
| IES Sanxillao | 11 de Marzo |
| IES Sanxillao | 18 de Marzo |
Recompilación fotográfica:
IES Ollos Grandes:

IES Leiras Pulpeiro:

IES Lucus Augusti (2 de Marzo):

IES Lucus Augusti (3 de Marzo):

IES Piringalla:

IES Sanxillao (11 Marzo):

IES Sanxillao (18 Marzo):
O 18 de marzo ás 12:00 no IES Sanxillao de Lugo, Alar Galicia clausurou as charlas de procura de emprego, que durante o ano 2010 realizou nos IES de Lugo a través da Axencia de Emprego da entidade subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar. O Acto de Clausura contou coa presencia da Xefa Territorial de Presidencia en Lugo da Xunta de Galicia Dona Marta Barreiro Castro.





Deixa o teu comentario