Reunión co Director Xeral da Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia
Publicado o 25 Febrero, 2010
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario
O 25 de febreiro de 2010 as 11:00 da mañá Don Fernando González Truque e Dona Margarita Díaz Sánchez en representación de Alar Galicia reuníronse co Director Xeral da Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Don Andrés Hermida Trastoy, co obxecto de facerlle chegar a memoria das actividades levadas a cabo pola Entidade dende o ano 2001 ata o ano 2010, facendo especial fincapé na formación e inserción laboral dos colectivos con maiores dificultades como son: os menores en risco de exclusión, as mulleres, os inmigrantes e os parados de longa duración, sendo de especial relevancia o traballo da Axencia de Emprego como tramitadora de todo o referente á formación, a inserción socio-laboral e a posta en marcha das ideas emprendedoras, asi como o traballo das persoas contratadas a través dos Programas de Cooperación subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.


Deixa o teu comentario