Proxecto Súmate. Programa de Apoio a Familias Monoparentais.

Maioritariamente son as mulleres as que encabezan este tipo de familias con cargas, ca dificultade engadida de que xa parten dunha situación de desigualdade e teñen unha maior necesidade de conciliar vida familiar e laboral.

Con este fin dámoslle un novo impulso o Proxecto posto en marcha sobre Apoio ás Familias Monoparentais con fillas e fillos menores ó seu cargo incorporando novos profesionais. O equipo está formado por un sociólogo e asesor familiar, unha psicóloga, unha educadora social e unha educadora social que se encargan de:
-
POTENCIAR a autonomía das familias monoparentais, eliminando ou mellorando as situacións precarias e de vulnerabilidade.
-
AXUDAR a crianza dos nenos e nenas e favorecer a súa socialización.
-
FAVORECER a incorporación da persoa responsable da familia ao mundo laboral, posibilitarlle a asistencia a actividades de formación laboral ou formación continua e posibilitar o autoemprego.
-
PROMOVER a inserción e permanencia laboral das mulleres soas con responsabilidades familiares e favorecer a súa promoción profesional.
-
FACILITAR ós proxenitores as situacións cotiás para que teñan igualdade de oportunidades.
-
PREVIR as situacións de risco social dos colectivos con mais dificultades.

O teléfono de contacto e o 982-243316, o fax 982-819035 e a dirección de correo electrónico sumate@alargalicia.com.