Proxecto Coaching Menores
|
|
|
|
|
¿Qué é Coaching Menores?
Acompañamento profesional a menores que atopan serias dificultades de incorporarse á vida social normalizada.

¿Coach?
Os Coach son profesionais que traballan en medidas de prevención e acompañamento profesional e que serven de apoio e estímulo á superación de situación de dificultade persoal idividual e colectiva producidas por sucesos de diversa índole.

¿A quén vai dirixido?
A menores de entre 12 e 18 anos de idade que teñan problemas socio-afectivos, familiares ou de relación en xeral, ou que atopen serias dificultades de acceder á información sobre diversas problemáticas que afectan os xóvenes galegos.
¿Qué servicios ofrecen?
O traballo coaching consiste no acompañamento individualizado dos menores co obxecto de cubrir as súas expectativas e necesidades, transformando posibles situacións existentes de conflicto en momentos superados de maneira positiva.

¿Onde podo atopar este servicio?
Alar Galicia ofrece o servicio Coaching Menores en colaboración con distintias organizacións públicas e privadas. A sede central dos talleres coaching está sita en Lugo Rúa San Roque 71 1º Esquerda 27002. O servicio é gratuíto. O teléfono de contacto e o 982 243316, o fax 982 819035 e a dirección de correo electrónico coachingmenores@alargalicia.com.




