Axencia de Emprego

Subvencionado pola Consellería de Traballo, Alar Galicia conta coa contratación de un Técnico de Emprego e unha Unidade de Apoio que configuran a Axencia de Emprego.


Funcións:

  • Prospección dos recursos ociosos e infrautilizados no territorio, identificando novas actividades económicas susceptibles de xerar proxectos empresariais de promoción económica, así como iniciativas innovadoras que creen emprego.

  • Elaboración e posta en práctica de plans de actuación que contribúan á dinamización socioeconómica no seu ámbito de influencia a prol da iniciativa emprendedora e da creación de emprego.

  • Difusión e estímulo dos potenciais proxectos de creación de novas unidades productivas entre desempregados, promotores e emprendedores, así como entre as posibles institucións colaboradoras.

  • Acompañamento técnico dos proxectos emprendedores que xurdan no territorio na fase do seu lanzamento, así como dos promotores, durante as primeiras etapas de funcionamento das novas empresas, para facilita-la súa consolidación como negocios sostibles que xeren postos de traballo.

  • Asesoramento ós desempregados, en estreita coordinación con outras unidades do Servicio Público de Emprego de Galicia, así como con outros organismos da Administración Autonómica, para propiciar un maior coñecemento dos servicios e instrumentos existentes en favor da súa inserción laboral e do seu desenvolvemento profesional.

  • Investiga-las oportunidades de desenvolvemento e emprego existentes no territorio, por medio dunha axeitada prospección e avaliación dos recursos dispoñibles, así como do uso de métodos e sistemas que permitan a planificación, coordinación e posta en práctica de actuacións e estratexias de políticas activas de emprego, fundamentalmente vinculadas ós filóns de emprego.

  • Facilitar información sobre as potencialidades de emprego e desenvolvemento, a través da súa organización, sistematización e divulgación entre os técnicos e axentes de emprego, os responsables de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego, e os demais actores involucrados na promoción socioeconómica do territorio.

  • Apoiar, dinamizar e avaliar proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego.

  • Desenvolver estratexias e metodoloxías de apoio dirixidas a facilita-la inserción laboral, por conta allea ou propia, dos desempregados, especialmente daqueles que se beneficiaron dalgún dos programas experimentais promovidos no territorio.

Ámbito de Actuación: Comunidade Autónoma de Galicia.


Fernando González Truque

Técnico de Emprego

fernandotruque@alargalicia.com

Margarita Díaz Sánchez

Unidade de Apoio

alargalicia@alargalicia.com

Copy Protected by Tech Tips's & Computer Tricks'sCopyProtect Wordpress Blogs.