Gabinete de Asesoramento, Mediación e Apoio a Persoas con Adicción ao Alcoholismo

Programa de carácter sociosanitario 2011:

O Proxecto “Gabinete de Asesoramento, Mediación e Apoio a Persoas con Adicción ao Alcoholismo” está dirixido a persoas que atopan serias dificultades para deixar a adicción ao alcohol e tamén para acceder aos mecanismos de información e de asesoramento, e está baseado no traballo da prevención, motivando cambios de actitudes para lograr aptitudes nas persoas máis febles: previr para non ter que lamentar.

Trátase dun proxecto de acompañamento social, de adestramento de vida que ten como filosofía principal o apoio á abstinencia en persoas con problemas de adicción ao alcoholismo, e consiste en axudar a aprender en lugar de ensinar, é polo tanto unha ferramenta para a persoa que voluntariamente se implique e traballe co profesional da rama sociosanitaria e social para así poder mellorar a súa realidade social optimizando as súas capacidades aprendendo de si mesmo. O traballo do profesional consiste en estimular e facilitar a traveso de preguntas as respostas.

Orde 16 de Marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario.

SUBVENCIONA

Copy Protected by Tech Tips's & Computer Tricks'sCopyProtect Wordpress Blogs.