Reunión coa Secretaria Xeral de Familia e Benestar da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia

Publicado o 28 Abril, 2010
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario

O día 28 de abril de 2010, a Xunta Directiva de Alar Galicia reuniuse coa Secretaria Xeral de Familia e Benestar da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Dona Susana López Abella, para facerlle chegar a Memoria de Actividades de Alar Galicia e as memorias de actividades do ano 2010 dos seus principais Proxectos, o Proxecto Coaching Menores de Apoio a Menores en Risco Social, e o Proxecto Súmate de Apoio a Familias Monoparentais.

Taller Práctico de “Competencia Social e Ciudadana”

Publicado o 28 Abril, 2010
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario

O 26 de abril as traballadoras de Alar Galicia realizaron un Taller Práctico de “Competencia Social e Ciudadana” no IES Cosme López de A Rúa (Ourense) para profesores de secundaria interesados en coñecer o traballo que Alar Galicia realiza nos Proxectos Coaching Menores y Súmate.


“Galicia ante la situación económica actual”

Publicado o 26 Abril, 2010
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario

A Xunta Directiva de Alar Galicia asistiu ó Almuerzo-Coloquio presidido por Don Alberto Núñez Feijóo, no Hotel Hesperia Finisterre de A Coruña. Neste coloquio, denominado “Galicia ante la situación económica actual”, Don Alberto Núñez Feijóo expuxo as principais lineas de actuación da Xunta no ámbito económico e empresarial ante a actual situación económica.

O Presidente do Goberno Galego acaba de anunciar a posta en marcha dun Plan Estratéxico 2010-2014, así como un conxunto de rebaixas fiscais vinculadas á vivenda. Este plan estaría configurado por cinco eixes principais, que abarcarían desde a dinamización económica, o crecemento e o empleo ata a economía do coñecemento ou a sostenibilidade ambiental.

Estas lineas de actuación están englobadas nas actuacións que Alar Galicia levará a cabo no ano 2010 en materia de formación e emprego.


Reunión co Director Xeral de Montes

Publicado o 23 Abril, 2010
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario

A Xunta Directiva de Alar Galicia reuniuse no día de hoxe co Director Xeral de Montes, Don Tomás Fernández-Couto Juanas para facerlle chegar a Memoria de Actividades de Alar Galicia, así como un listado de alumnos formados e cualificados laboralmente por Alar Galicia nos seus cursos de Formación en Limpeza de Montes de cara a posibles contratacións laborais neste sector. Do mesmo xeito, tamén lle fixo chegar as propostas de formación para desempregados que Alar Galicia prantexa para este ano 2010 na área de Limpeza de Montes como novo sector xerador de emprego.

Páxina 3 de 1412345...Última
Copy Protected by Tech Tips's & Computer Tricks'sCopyProtect Wordpress Blogs.