BIG 2010, BORN IN GALICIA
Publicado o 14 Marzo, 2010
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario
O día 26 de Marzo de 2010 celebrase o “I Congreso de Cultura, Tradición e Modernidade”, organizado por Alar Galicia.

Para máis información na sección “Actualidade” a “BIG 2010, BORN IN GALICIA”.
Acto de Presentación do Plan de Actuación Social Galicia 2010/2013
Publicado o 13 Marzo, 2010
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario
O 12 de marzo os representantes de Alar Galicia acudiron o Acto de Presentación Plan de Actuación Social Galicia 2010/2013 no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, onde o Presidente da Xunta de Galicia acompañado da Conselleira de Traballo e Benestar, presentaron o Plan ante as institucións e organizacións sociais de Galicia.
Reunión co Director Xeral da Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia
Publicado o 25 Febrero, 2010
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario
O 25 de febreiro de 2010 as 11:00 da mañá Don Fernando González Truque e Dona Margarita Díaz Sánchez en representación de Alar Galicia reuníronse co Director Xeral da Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Don Andrés Hermida Trastoy, co obxecto de facerlle chegar a memoria das actividades levadas a cabo pola Entidade dende o ano 2001 ata o ano 2010, facendo especial fincapé na formación e inserción laboral dos colectivos con maiores dificultades como son: os menores en risco de exclusión, as mulleres, os inmigrantes e os parados de longa duración, sendo de especial relevancia o traballo da Axencia de Emprego como tramitadora de todo o referente á formación, a inserción socio-laboral e a posta en marcha das ideas emprendedoras, asi como o traballo das persoas contratadas a través dos Programas de Cooperación subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Firma Convenio entre Alar Galicia e o Centro Asociado UNED de Lugo
Publicado o 3 Febrero, 2010
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario
O Presidente de Alar Galicia Don Fernando González Truque asinou xunto o Centro Asociado da UNED de Lugo a través do Director Don José Luis Prieto Arroyo un Convenio a través do que os alumnos e alumnas que estuden Educación Social, Traballo Social e Psicoloxía no centro UNED, podan realizar o practicum da carreira nos diferentes Proxectos de Intervención Social que dirixe actualmente Alar Galicia en Lugo.
Este e o segundo Convenio que firma Alar Galicia para posibilitar a realización de prácticas de alumnos universitarios, xa que no 2009 alumnos do Master Universitario Oficial en Migraciones Internacionales: Investigación, Políiticas Migratorias y Mediación Intercultural da Universidade da Coruña realizaron o practicum de carreira a través dos Proxectos Coaching Menores e Súmate de Apoio a familias monoparentais de Alar Galicia, financiados pola Xunta de Galicia, o Concello de Lugo e as Obras Socias de Ciaxa Galicia e La Caixa.




