Reunión co Decano do Colexio de Avogados
Publicado o 25 Enero, 2010
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario
A Presidencia de Alar galicia reuniuse co Excmo Señor Don Jose Antonio López Graña decano do Colexio de Avogados de Lugo, co obxecto de informarlle dos traballos deacompañamento xurídico a mulleres monoparentais que realiza Alar Galicia a tavés do Proxecto Súmate e dos traballos de acompañamento social a menores en risco a través do Proxecto Coaching Menores, e facerlle entrega de unha memoria de actividades da entidade.
|
|
Charlas para a Procura de Emprego 2010
Publicado o 21 Enero, 2010
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario
A Axencia de Emprego de Alar Galicia comezou o 20 de xaneiro no IES Ollos Grandes de Lugo (meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2010) unha nova edición das Xornadas de Procura de Emprego dirixidas aos alumnos que cursan actualmente 4º ESO e 2º de BAC así como os que realizan actualmente Módulos de Formación Profesional dos Institutos de Educación Secundaria de Lugo. Con tal motivo a Axencia de Emprego atópase actualmente mantendo conversas cos outros 8 Institutos Públicos de Educación Secundaria de Lugo con fin de informar persoalmente a Dirección dos mesmos do Seminario e os obxectivos principais: A FORMACIÓN UNIVERSITARIA, A FORMACIÓN PROFESIONAL E AS NOVAS TENDENCIAS DO MERCADO LABORAL GALEGO.
FORMEGA
Publicado o 15 Enero, 2010
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario
A Axencia de Emprego de Alar Galicia reuiniuse có persoal técnico da empresa FORMEGA co obxecto de elaborar actuacións conxuntas encamiñadas a mellora das condicións de vida dende o ámbito da formación, das persoas e colectiovs máis vulnerables. Ámbas entidades acordaron reunirse próximamente para firmar un Convenio de Colaboración.
Reunión coa Subdirectora Xeral de Familia e Menores
Publicado o 11 Enero, 2010
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario
A Presidencia de Alar Galicia reuniuse coa Subdirectora Xeral de Familia e Menores da Secretaría Xeral de Benestar da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia Dona Mª del Mar Pousa Cobas, co obxecto de facerlle entrega das memorias de actividades de Alar Galicia e do Proxecto de acompañamento social de menores Coaching Menores, que realiza a entidade dende o ano 2001.



