Formación Coaching Dependencia 2008
Publicado o 23 Noviembre, 2008
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario
O luns 3 de novembro rematou o Curso de Coaching Dependencia, dirixido a formar a 15 persoas retornadas ou inmigrantes en materias relacionadas co coidado de persoas dependentes. O Curso estivo subvencionado pola Secretaría Xeral de Emigración de Presidencia da Xunta de Galicia e xestionado por Alar Galicia, cunha duración de 100 horas.
Formación en Limpeza de Montes 2008
Publicado o 1 Noviembre, 2008
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario
Durante o mes de outubro realizouse o Curso de Formación en Limpeza de Montes, dirixido a formar a 15 de Lugo en materias relacionadas co coidado e mantemento dos Montes. O Curso estivo subvencionado pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo e xestionado por Alar Galicia, e tivo unha duración de 100 horas.
A Véspera 08
Publicado o 26 Julio, 2008
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario
O pasado 24 de xullo de 2008 os integrantes de Alar Galicia acudiron convidados ao Acto que o Presidente da Xunta de Galicia D. Emilio Pérez Touriño relizou na súa residencia en Monte Pío en Santiago de Compostela, co obxecto de brindar un apoio explícito as entidades que como Alar Galicia realizan un traballo diario, constante e profesional no medio da atención ás persoas dependentes na nosa comunidade.

Actividades Coaching – Verán 2008
Publicado o 20 Julio, 2008
Arquivado baixo Alar Galicia | Deixa o teu comentario
Dende Alar Galicia realizamos un traballo cos menores lucenses que teñen dificultades de incorporarse a vida social normalizada, dentro do Proxecto que denominamos Coaching Menores, co que a entidade leva traballando dende o ano 2002 e ata hoxe, con moi bos resultados e experiencias moi positivas.
O Proxecto Coaching conta co apoio económico da Fundación La Caixa, a Obra Social Caixa Galicia, do Concello de Lugo e da Xunta de Galicia, e de outras entidades sociais como a Fundación BIP BIP. Entorno a 100 rapaces lucenses reciben todos os anos o apoio técnico e informativo e o asesoramento das educadoras sociais e psicopedagogas de Alar Galicia.
Alar Galicia conta co apoio da Fundación Dignidade que contribúe a realización do Proxecto coa aportación de xóvenes as actividades Coaching.
Actualmente para as actividades de verán o Proxecto conta con 20 menores de entre 13-17 anos de idade que desenvolven as actividades entre as pistas de baloncesto, futbol e piscinas do concello, así como campamentos urbáns, xogos nas instalacións de Alar Galicia, aprendizaxe informático na Aula de informática de Alar Galicia…, as actividades contemplan tamén a estancia no albergue de Covas en Viveiro onde serán recibidos polo Alcalde e a Tenente Alcalde. En calquera caso, todas as actividades son de carácter gratuíto e os rapaces están en todo momento cubertos por un seguro de responsabilidade civil.
Os menores do Proxecto Coaching foron recibidos o mércores 16 de xullo polo Excmo. Alcalde de Lugo Don Jose Luis López Orozco no Concello quen aproveitou a ocasión para coñecer en persoa aos rapaces do Proxecto e intercambiar con eles dúbidas, experiencias e anecdotario.


